Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Ribadeo di que non enganou coa liña de alta e que pode haber interese en crear confusión

RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asegura “desde o punto de vista técnico que se fixeron as contestacións aos escritos que por parte da Consellería de Industria se nos pediron, como se fai en calquera outro proxecto. As contestacións que foron informadas polo técnico municipal son actos previos que non significan que dean licenza ningunha, nin de obra nin de actividade, e nunca estes condicionados previos van a ningún órgano colexiado”. O rexedor engade que “polo tanto o informe foi do arquitecto municipal e o alcalde reenviou dito informe. E ademáis esto é sen perxuizo de que no seu momento se poida conceder autorización administrativa por parte da comunidade autónoma”.
Fernando Suárez lembra que “tal e como dixen xa en moitas ocasións, nosoutros desde o goberno municipal estamos cumprindo estrictamente coa lei. Eu sempre teño dito que de maneira oficial non tiña información oficial pública. Todo o mundo pode pensar que como alcalde de Ribadeo sí que podía ter información, de feito o alcalde anterior, Balbino Pérez Vacas, xa tiña información daquela, posto que eu cando fun elexido alcalde vin que aquí había documentación previa da que todavía non debe ser exposta ao público solamente porque pode cambiar moito e porque se poden dar malas interpretacións e a xente pode estar vendo documentación que logo non é así”.
O alcalde ribadense suliña que “o que debo dicir para que quede ben clariño, porque pode haber xente á que non lle interese que as cousas queden claras, é que o goberno municipal e este alcalde nin engañou, nin engaña, nin vai engañar a ninguén e os veciños terán todas as garantías para alegar en tempo e forma. Os veciños puxéronme de alcalde e nós debémonos aos veciños e nosoutros traballamos e traballaremos polo interés público e desde logo a ninguén se lle pode ocorrer que para vestir un santo, como pode ser o da subestación tan necesaria para o polígono e para Ribadeo, vaiamos desvestir outro”. Fernando Suárez sinala que “nós estamos para defender sempre o interés público, se hai algo que poida mellorar despois das exposicións públicas de todos estes proxectos que teñan por seguro os veciños que o alcalde e o goberno municipal, e supoño que tamén a Corporación, aquí estaremos para defender o interés de todos”.
O rexedor advirte que “nós non imos apoiar cantas ideas peregrinas se lle poidan ocorrer a algunha xente que para nada se apoian en leis, nin en normas, nin no máis elemental sentido común. Quizáis algunha xente só ten un norte que é desgastar ao alcalde, desgastar ao equipo de goberno e o que é o máis importante e preocupante para min que é que poidan por en perigo o polígono industrial e o futuro desenvolvemento de Ribadeo. Eso é o que me preocupa e nunca imos entrar ao xogo dalgunha desta xente”.

Exit mobile version