Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG presenta unha proposición no Congreso para realizar uno novo acceso a Ribadeo desde a A-8

Nota de Prensa

JORQUERA PRESENTA UNHA PROPOSICIÓN NO CONGRESO PARA QUE SE REALICE O ACCESO AO CENTRO DE RIBADEO DESDE A A-8 E SE DOTE DE PARTIDA ORZAMENTARIA

O deputado do BNG pede ao Goberno diálogo co concello a fin de abordar as características coas que debe contar o acceso para solucionar os problemas de tráfico

Madrid, 30 abril 09. O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, rexistrou unha proposición non de lei na Cámara Baixa na que insta ao Goberno a realizar un proxecto de construcción dun acceso directo desde a Autovía do Cantábrico, A-8, ao centro de Ribadeo.

O propósito da iniciativa é o de mellorar o tráfico e diminuir a conxestión nas entradas e saídas a Ribadeo. Ademáis, o parlamentar nacionalista demanda ao Goberno que se dote ao proxecto construtivo da partida orzamentaria necesaria para levalo a efecto.

Nun terceiro punto, Jorquera empraza ao Goberno a dialogar co concello de Ribadeo co obxectivo de abordar as características coas que debe contar o acceso para unha mellor solución dos problemas.

Alta concentración de tráfico para acceder a Ribadeo

Francisco Jorquera afirma que a construcción da A-8 puxo de relieve algunhas deficiencias como a necesidade de que haxa un acceso directo ao centro urbano de Ribadeo. Demanda reiterada en numerosas ocasións polo concello pero que aínda non obtivo resposta.
Nese sentido, traslada ao Executivo o acordo aprobado por unanimidade o pasado 17 de decembro no pleno da corporación local.

O deputado do BNG alega o importante medre que experimentou Ribadeo nos últimos anos, no que tivo unha grande influencia “o feito de ser residencia de fin de semana, ao que hai que engadir o seu atractivo turístico que duplica a súa poboación nas épocas estivais. Sen esquecer a súa actividade comercial e de ocio que atrae a moitos cidadáns non só de Galiza senón tamén de Asturias”.

Estes son os factores que contribuiron ao notábel incremento de tráfico nos accesos a Ribadeo. Lembra que actualmente o acceso a Ribadeo debe realizarse á altura de Piñeira,o que obriga a un percorrido de varios quilómetros. “E precisamente, debido aos problemas neste acceso, moitos conductores optan por saír na localidade asturiana de Figueras”. Unha circunstancia, puntualiza, que provoca unha alta concentración de tráfico nese lado.

Por iso, recalca Jorquera, é de grande importancia que se execute o acceso central a Ribadeo desde a A-8.

Exit mobile version