Site icon Crónica3.com A Mariña

O C.B. Xove perdeu na casa, por oito puntos, ante o Noia

Oito puntos separaron ao Xove da victória - foto:Miguel Fraga

XOVE (M.F.O.) .- O Centro Óptico Xove perdeu diante do seu público por 51 puntos a 59 ante o segundo clasificado, nun encontro no que foi a remolque no marcador dende o inicio. Armando Otero so puido contar con oito xogadores para afrontar o partido, o que supuxo un gran lastre sobre todo despois das lesións de Eloi e Fernando no segundo tempo.
O partido foi de cara dende o principio para os de Noia gracias a mala saída dos de Xove, que encaixaron no primeiro cuarto un 12 a 24. Os locais intentaron recuperarse con unha maior intensidade en defensa e ao descanso so perdían por sete puntos.
Tras a reanudación seguiu a mesma tónica e a diferencia no marcador reduciuse a tres puntos. Pero no último cuarto os de Noia foron superiores e os de Xove non puideron culminar a remontada e remataron perdendo por oito puntos.
Despois deste encontro o Centro Óptico Xove colocase noveno, cun balance de trece vitorias e catorce derrotas.
Polo Xove xogaron: Javi (7), Angel (6), Fernando (8), Paco (13), Juanma (6)- Eloy (2), Miguel (8) e Kuki (1).

Exit mobile version