Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela facilita perlizadores as familias que participen na campaña de aforro de auga

BURELA (FNC) .- As familias que se inscriban para participar nesta campaña  Ti podes dar vida, aforra auga recibirán un kit con perlizadores e outro material para instalar nas súas casas e axudarlles a reducir o consumo de auga. Os interesados deberán anotarse na Oficina de Medio Ambiente de Burela que está ubicada na rúa Arcadio Pardiñas, 137. Os gañadores serán obsequiados cunha viaxe de fin de semana aos Picos de Europa xentileza de Viaxes Terramar da que disfrutarán todos os membros da unidade familiar.
Desde o 13 de abril e ata o 30 deste mes estará aberto no Concello e Burela o prazo de inscrición para participar na terceira edición da campaña Ti podes dar vida, aforra auga que se desenvolverá a partires de maio. A edil de Medio Ambiente, Lucía Bouza, lembra que “é o terceiro ano que facemos este programa e estamos moi satisfeitos coa acollida que está a ter entre as familias de Burela, de feito na pasada convocatoria a participación multiplicouse por oito. Animamos á xente a que se inscriba e aos que xa o fixeron a que sigan nesta liña”.

Exit mobile version