Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Foz conta con nova paxina web institucional

FOZ .- O concello de Foz ten activa unha nova paxina web, de coidado deseño, na que aparte da clásica información das webs municipais parase en contidos pouco comúns como é ofrecer unhas definicións de alcaldía, concellería e pleno, entre outros. Así, pode lerse “O alcalde, órgano unipersoal necesario da organización municipal, caracterizase por ser o Presidente da Corporación, o máximo representante do Municipio e o Xefe da Administración Municipal. É un órgano básico da organización municipal”. Na portada atopase, en lugar principal, un “Saúdo do alcalde”.
A nova web de Foz, en galego e español, está estruturada para ofrecer información a turistas e visitantes e algúns servizos a residentes. Dispón de seccións de axenda, novas, avisos, turismo e máis. Sinalar que a primeira web do concello de Foz ( concellodefoz.org ) convive coa nova paxina ( concellodefoz.es )

Exit mobile version