Site icon Crónica3.com A Mariña

O delegado de Cultura da Deputación anuncia que se acometerán obras no edificio do Museo do Mar

SAN CIBARO .- O Delegado de Cultura e Deportes da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, informou do próximo comezo das obras no edificio que alberga ao museo do Mar en Cervo. As obras terán como obxecto a instalación de un novo canalón cos seus correspondentes baixantes e sistema de evacuación de augas pluviais.

Nota de Prensa

O DELEGADO DE CULTURA DA DEPUTACIÓN ANUNCIOU A INSTALACIÓN DUN NOVO SISTEMA DE RECOLLIDA DE AUGAS PLUVIAIS NO  EDIFICIO DO MUSEO DO MAR

Antonio Veiga informou que se acometará a instalación de este sistema para evitar o deterioro deste edificio polas filtracións de humidade

San Cibrao, 16 de abril de 2009. O Delegado de Cultura e Deportes da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, informou do inminente comezo das obras no edificio que alberga ao museo do Mar en Cervo. As obras terán como obxecto a instalación de un novo canalón cos seus correspondentes baixantes e sistema de evacuación de augas pluviais. Con estas obras, que se iniciarán a vindeira semana, acometerase a renovación dos canalóns no perímetro de todo o edificio e instalaranse un total de cinco baixantes para a condución das augas pluviais. Tamén se soterrarán 35 metros de tubaria de pvc para o correspondente desaugue.

Antonio Veiga fixo fincapé en que para a Área de Cultura non so é unha obriga darlles contido ás instalacións museísticas se non que ademais “temos a responsabilidade de conservar e manter os edificios”. Esta obra terá un custo total de 3.500 euros. Grazas á instalacións de estes novos canalóns de aluminio lacado evitarase a escorrentía de auga polas paredes do edificio e as conseguintes filtracións cara o interior.

O  Museo do Mar debe o seu nacemento no ano 1969  a  D. Francisco M. Rivera Casás que exerceu a súa profesión de mestre desde 1934 ata 1982 en San Cibrao. Dende 1994 da Asociación de Veciños “Cruz da Venta” de San Cibrao ocupouse da xestión do Museo ata que, no ano 2004, a Deputación Provincial de Lugo se fixo cargo da súa dirección a través do Museo Provincial de Lugo. O Museo conta con catro salas:
A primeira sala mostra documentación gráfica, maioritariamente fotografías, de San Cibrao así como da flota galega dos primeiros anos do século XX e unha máquina de vapor.
A segunda sala  está dedicada  á caza das baleas en San Cibrao (da que xa existen documentos no século XVI) nela amósanse restos óseos de baleas capturadas en San Cibrao, algúns do  S.XVIII, e con medidas que poden acadar os catro metros de lonxitude. Expóñense tamén útiles usados no despezamento destes cetáceos. A sala complétase con paneis informativos sobre os diferentes tipos de baleeiras, unha clasificación xenérica dos tipos de cetáceos e o aproveitamento da balea.
A terceira mostra unha colección malacolóxica onde se poden observar numerosas pezas agrupadas nos cinco principais grupos de moluscos.
A cuarta está composta por abundante instrumental de navegación como compases, sextantes, rodas de temón, farois, áncoras, cartas náuticas, etc.

Exit mobile version