Site icon Crónica3.com A Mariña

O deputado do PP Balseiro Orol estará en tres comisións e ostenta a secretaría do Parlamento

NOTA DE PRENSA

O Grupo Popular aposta pola súa experiencia parlamentaria e mantén a súa intención de que continúe traballando na tarefa de impulsar a acción do Goberno

BALSEIRO FORMARÁ PARTE DE TRES COMISIÓNS PARLAMENTARIAS: PESCA, PETICIÓNS E DA DEPUTACIÓN PERMANENTE

•    O deputado mariñán ostentaba xa a Secretaría do Parlamento de Galicia e, polo tanto, forma parte do máximo órgano de dirección da Cámara autonómica.

A Mariña, 14 de marzo de 2009.-  O deputado do Partido Popular de Galicia Jose Manuel Balseiro Orol formará parte de tres comisións parlamentarias logo da designación polo seu Grupo confirmada no día de hoxe. Balseiro Orol participará na Comisión de Pesca e Marisqueo, na Comisión de Peticións e na Deputación Permanente do Parlamento de Galicia.

Con esta nova designación o Grupo Parlamentario Popular aposta pola súa ampla experiencia e premia a súa capacidade de traballo máis que contrastada. Balseiro Orol continuará presentando iniciativas de impulso á acción do Goberno, de xeito especial, nos ámbitos da comisión ás que pertence e en todos aqueles aspectos relacionados con asuntos de interese para A Mariña lucense.

Balseiro Orol ostenta a secretaría do Parlamento de Galicia, máximo órgano de dirección da Cámara autonómica actividade á que agora se lle engade estas novas responsabilidades.

Exit mobile version