Site icon Crónica3.com A Mariña

O novo presidente confía en que a Mancomunidade da Mariña volva ser útil para os concellos

O popular Alfonso Fuente Parga é o novo presidente da Mancomunidade da Mariña

RIBADEO .- O alcalde de Barreiros, o popular Alfonso Fuente Parga, é o novo presidente da Mancomunidade da Mariña, un organismo supramunicipal que leva anos sen funcionar. Pero o rexedor barreirense está disposto a lograr que a mancomunidade poida ser útil para os concellos, en asuntos como a prestación de servizos ou a promoción turística da zona. Así o manifestou Fuente Parga en declaracións á emisora de radio Onda Cero A Mariña (102.3 FM).
Ademais, Alfonso Fuente anunciou que nos próximos días comezará a traballar na elaboración do orzamento da Mancomunidade da Mariña para este ano 2009.
O alcalde de Barreiros foi elixido presidente da mancomunidade nun pleno que se celebrou en Foz, sesión na que non houbo representantes dos concellos de Burela e Viveiro.
Como vicepresidenta do organismo supramunicipal da A Mariña foi elixida a concelleira de Terra Galega en Riotorto, Bonia Martínez, e o tesoureiro será o portavoz do Partido Popular en Foz, Angel Cao.

Exit mobile version