Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP considera que a política turística provincial é “manfiestamente mellorable”

Nota de Prensa

O GPPP DENUNCIA O ABANDONO NO QUE SE ATOPAN OS CATAMARÁNS

•    O voceiro adxunto do GPPP, José María González Barcia, considera que a política turística provincial é “manfiestamente mellorable”

•    Os populares  afirman que en turismo a Deputación só destina 35.000’00€ a investimento real nos concellos

Lugo, a 13 de abril de 2009.- O GPPP denunciou hoxe unha vez máis o abandono dos catamaráns da Deputación, e puxo como exemplo o que está atracado no pantalán dos Robles, na mesma cidade de Lugo, que presenta un aspecto deplorable e de abandono total.

Para o voceiro adxunto dos populares, José María González Barcia, esta é unha mostra da política turística do ente provincial, que considera que pode ser “manifestamente mellorable”.

Afirmou ademais que a posta en marcha dun segundo catamarán en Semana Santa foi totalmente improvisada e a decisión adoptouse “de agora para agora”, sen ningún tipo de planificación previa, tal e como o GPPP denunciou hai dúas semanas.

En Semana Santa, para o vodeiro adxunto dos populares, os barcos de Ourense traballaron arreo, mentres que os de Lugo estiveron parados, agás un, e outro que comenzou a traballar o mércores.

González Barcia suliñou asimesmo que a Deputación non está a colaborar cos consorcios turísticos constituidos polos concellos; négase a colaborar coas entidades empresariais privadas e por riba está a gastar cartos na grabación e edición duns vídeos que de momento están en posesión dos deputados provinciais.

“Se esta pode ser unha boa medida, sempre e cando se canalice correctamente a súa distribución, é de todo punto impresentable a ausencia de colaboración con outras entidades e a negativa a crear un patronato provincial de turismo”, engadiu.

Igualmente, lembrou González Barcia que no Plan Estratéxico de Subvencións para o presente ano o apartado de Turismo recolle en subvencións directas 130.900’00€, e 110.000’00€ para subvencións extraordinarias a concellos, dos que, “incriblemente”, adícanse 35.000’00€ a “colaborar cos concellos para a mellora da infraestructura turística”.

Exit mobile version