Site icon Crónica3.com A Mariña

Yolanda Pedreira presenta o cartel da Copa A Mariña Fútbol Sala

O Concello de Cervo vén de presentar o cartel da Copa A Mariña Fútbol Sala de Categoría Alevín. Esta copa, organizada polo Concello de Cervo e polas Escolas Deportivas Municipais, vaise celebrar o vindeiro sábado 18 de abril no Pavillón Municipal de A Veiga. Os partidos disputaranse en horario de 10:00 a 19:00 horas. Nese horario vai incluída a comida dos participantes, que terá lugar no pavillón. Participan nove equipos de toda A Mariña.

Exit mobile version