Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación Atalaia declina asistir a unha reunión co alcalde de Ribadeo

RIBADEO .- A asociación de veciños Atalaia de Ribadeo anuncia que non asistirá a unha reunión a que foi convocada polo alcalde alegando “a prema da convocatoria, a hora e o número de asistentes que se nos impón”. Na reunión trataríase sobre o regulamento de participación veciñal, plan xeral de ordenación municipal,entre outros,según indican.

Comunicado

Convocada Atalaia polo Alcalde a unha reunión (Rexistro de Saída do Concello 19/05/2009 e recibida no día de onte) para tratar estes asuntos: Regulamento de Participación Veciñal, Plan Xeral de Ordenación Municipal, Periodicidade das reunións, Rogos e Preguntas.

DICIMOS:

-O 17 abril de 2008 nunha reunión á que tamén se nos convocou, o Sr. Alcalde acordou coas Asociacións presentes en reunirse tres veces ao ano: agosto, decembro e abril. E de maneira urxente a petición das Asociacións. Tamén acordou que se convocaría con dez días de antelación. Desa reunión como da que se vai celebrar non se levantou acta ao non ter carácter regulado o que algúns deron en chamar ?Mesa de Asociacións?

-No Concello de Ribadeo existe Regulamento de Participación Cidadá aprobado por unanimidade no ano 1990 , co que o mesmo BNG outorgoulle a súa aprobación. E do que Atalaia pediu a súa posta en vigor

-Esta reunión realízase, en plena campaña electoral, e non cumpre os requisitos que o mesmo Alcalde estableceu.

Dado a prema da convocatoria, a hora e o número de asistentes que se nos impón ATALAIA declina asistir a devandita reunión.

Exit mobile version