Site icon Crónica3.com A Mariña

A Mariña confidencial

Por Otero Regal

“A verdade corrómpese tanto coa mentira coma co silencio” (Cicerón).

O máis perigoso é a extralimitación do poder. O poderoso aspira á orde, e todo o que non encaixe no seu esquema é considerado un perigo, unha oportunidade para o caos. E con iso o poderoso esquece que os sistemas ríxidos rematan por anquilosarse.”O poder máis perigoso é o do que manda pero non goberna” (Torrente Ballester)

Seino, seino. Ultimamente escribo pouco, pero xa saben vostedes que un debe atender diversos asuntos para gañar o xornal que lle permite subsistir. Iso é o primeiro, e isto é unha afección, aínda que a moitos lles pareza a miña ocupación a título principal. Non é así, e tampouco me obsesiona, cousa na que tamén me diferencio de moitos. Xa son uns cantos meses xunto a vostedes. Meses nos que a fidelidade dos lectores destes articuliños de fin de semana fixéronme seguir ao pé do cañón durante todos estes meses. De todas formas eu veño de outros ventos de outros blogs, o meu propio “A MALIÑA DE LUGO” e de colaboracións no papel e outros medios que compartín con vostedes polo seu indubidable interese para o debate. Non se pode dicir que teñamos moito ambiente na Blogosfera do norte de Lugo e menos da súa continuidade no tempo, falta unha actividade vital que fomente o debate e o espírito crítico. Cada un é libre, e diso se trata, única aspiración é a de ofrecer unha visión distinta. Non pretendo suplantar o labor de ninguén, nin competir con outras publicacións, sexan da índole que sexan. Eu aquí vou ao meu, e pouco máis. Contarlles as informacións das que me vou decatando, contrastadas con rigor e anticipación, foi unha das miñas prioridades. Quero recordar que eu “irmo e tacho” como sempre fixen as miñas escritas , xa que ao asinar co nome e apelidos fan das fontes que manexo algo fóra de toda dubida. Aos lectores que cada semana veñen aquí buscando novidades: Grazas e perdón. Grazas por seguir fieis, e perdón por non poder ofrecervos noticias coa frecuencia que me gustaría. Tampouco quero encher espazo sen criterio, pero xa saben que cando haxa algo que contar, aquí se decatarán os primeiros. Iso converteuse nun feito. Sempre o digo e non me canso: vou seguir no tallo. Lamento o desgusto de tres ou catro inquisidores das novas tecnoloxías que durmirían moito mellor se todo fose como hai vinte anos e o único xeito de expresarse fose o recanto das cartas ao director dun xornal impreso. Os tempos cambian, e as persoas que non se adaptan pasan unha tempada tratando de facer que volva o pasado… ata que eles pasan a formar parte del. Este blog mira ao futuro, e por iso mentres teña saúde, ganas e información seguirei escribindo. O único que espero é que os verdadeiros donos desta bitácora, vostedes, me sigan acompañando nesta aventura. Cada vez que o contador de visitas suma un novo lector, a máis dun ábreselle a úlcera. Unha pena. Aquí espéroos, como estes últimos meses, sempre atento. De novo, Grazas.

Exit mobile version