Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta financiará créditos para o sector gandeiro

SANTIAGO .- O Goberno Galego pon en marcha un paquete de medidas a curto e medio prazo para paliar a situación económica dos gandeiros e mellorar a competitividade das explotacións leiteiras. Para iso a Xunta financiará créditos ponte para que o sector poida dispoñer de 70 millóns de euros. Ademais, o Goberno galego abrirá a través do IGAPE liñas de axuda para préstamos que doten de circulante o sector leiteiro. Por outra banda a Administración autonómica promoverá, xunto co Goberno central, un conxunto de medidas complementarias que procurarán incrementar a cota láctea dispoñible e incrementar os controis na comercialización

Exit mobile version