Site icon Crónica3.com A Mariña

Aberto o prazo para o programa de tempo libre para persoas con discapacidade en Barreiros

BARREIROS (FNC) .- O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, informou hoxe sobre o Programa de ocio e tempo libre para persoas con discapacidade. O rexedor asegura que “todos aqueles interesados que teñan persoas con discapacidade e que desexan participar nos campamentos de verán a través de dito programa poden solicitalo a través dos Servizos Sociais municipais”.

Os campamentos funcionarán nos meses de xullo, agosto e setembro en quendas de tres días, dunha semana ou de quince días e comprenden idades de entre 9 e 40 anos. O custo oscila entre os 72€ e os 180€. Tamén hai tres campamentos en quendas específicas. Os interesados en obter máis información deberán acudir ós Servizos Sociais do Concello de Barreiros en horario de mañá de 9:00 a 14:00 de luns a venres ata o 22 de Maio.

Os campamentos están nas catro provincias. En Lugo son nos seguintes lugares: Portomarín –Xogando no Encoro. Ribadeo-Acampada Carón do Mar. Palas de Rei- Multiaventura nos Chacotes. Lugo-Campamentos Teatro. Samos- Arqueoloxía. Palas de Rei-Arqueoloxico Social.

Exit mobile version