Site icon Crónica3.com A Mariña

Alén, La Lira e Pizzbur gañadores do “Ribadeo de tapeo” que o alcalde cualifica de éxito rotundo

RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, amósase moi satisfeito polo éxito da cuarta edición do Ribadeo de tapeo. O rexedor sinala que “podemos dicir que  foi un éxito absoluto e rotundo en cando a número de participantes, tivemos 31 con 49 tapas presentadas. O destacable, sobor de todo, foi a cantidade de xente enorme que tivo Ribadeo nestes nove días, que estivo visitando, degustando e disfrutando da hostelería e de Ribadeo, e sobre todo disfrutando desta cociña en miniatura que son as tapas”.
Fernando Suárez apuntou que “un xurado singular e moi profesional adicado a este sector escolleu aos gañadores, ainda que aquí como dicimos sempre o importante non é gañar, senón que o importante é participar”.
O premio á mellor tapa do ano foi para os ovos rotos con bacallau da Cervecería Raxería Pizzbur; a mellor tapa tradicional foi para as fabas de Lourenzá con polvo de rocha e cogumelos presentada pola Cafetería La Lira; o premio para a mellor barra foi para O Alén, e dadas as dificultades da selección o xurado decidiu dar dúas mencións especiais, unha para o Bar Galicia polo sabor das súas luras pequenas recheas de marisco con risoto de cogumelos , e outra para O Cantón pola presentación da súa tosta de ovo, con pataca e chourizo. O xurado decidiu tamén deixar deserto este ano o premio á mellor tapa creativa.
O alcalde ribadense cre que “esta iniciativa xa consolidada que contou con centos e centos de visitantes, onde daba gusto ver aos clientes como lles ían selando as súas cartulinas e onde tiñan que cubrir un mínimo de 17 locais para poder participar no sorteo de agasallos ao público. Congratular a todos os participantes nesta iniciativa, agradecer ao xurado o seu traballo da avaliación e de conceder os premios aos gañadores e convidar xa para o ano que ven á quinta edición deste concurso de tapas aos veciños de Ribadeo e das comarcas da Mariña e do Occidente asturiano”

Exit mobile version