Site icon Crónica3.com A Mariña

Anselmo López Carreira falou da idade media no ciclo de historia de Galiza de Mariña Patrimonio

Antonio Veiga, Anselmo López Carreira e Francisco Luis Rodríguez Guerreiro

SAN CIBRAO .- Anselmo López Carreira impartiu no museo do Mar de San Cibrao unha conferencia sobre a Idade Media. Esta iniciativa forma parte dentro dun ciclo sobre a Historia de Galiza que organiza a asociación Mariña Patrimonio en colaboración co Área de Cultura da Deputación de Lugo. O responsable desta area, Antonio Veiga, asistiu a conferencia en San Cibrao.

Nota de Prensa

O MUSEO DO MAR DE SAN CIBRAO ACOLLEU UNHA CONFERENCIA SOBRE A IDADE MEDIA

Esta conferencia enmarcase dentro do ciclo organizado por Mariña Patrimonio sobre a Historia de Galiza

O responsable da Área de Cultura da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, asistiu a esta charla ofrecida por Anselmo López Carreira

LUGO, 16 de maio de 2009. O reponsable da Área de Cultura da Deputación, o nacionalista, Antonio Veiga asistiu como convidado á conferencia impartida por Anselmo López Carreira sobre A Idade Media. Veiga foi o encargado de recibir, no Museo do Mar, ao conferenciante e ao presidente de Mariña Patrimonio, Francisco Luis Rodríguez Guerreiro. Esta charla, que se celebrou no muso do Mar de San Cibrao, enmarcase dentro dun ciclo sobre a Historia de Galiza. O ciclo conta co apoio da Área de Cultura da Deputación de Lugo e está organizado pola asociación Mariña Patrimonio. A charla que comezou ás 18:30 horas e completou unha xornada que se iniciou pola mañá cunha visita guiada á fortaleza de Tovar en Sto. Tome de Lourenzá e ao museo de Arte Sacro de Vilanova de Lourenzá, onde se atopan os restos do Conde Santo.

A asociación Mariña Patrimonio, en colaboración coa área de Cultura da Deputación de Lugo, puxo en marcha o Ciclo Historia de Galiza que se desenvolve entre os meses de abril e maio.  A primeira das actividades programadas foi unha ruta polos castros das Grovas, Meirengos e Fornelo, todos no Concello de Ribadeo. Entre as charlas que se impartiron no museo do mar podemos citar a do arqueólogo Antonio da Pena Santos. O 25 de abril analizouse a Muralla de Lugo no contexto da cidade, con Adolfo de Abel Vilela, o 9 de maio visitáronse as terras de Valadouro e Mondoñedo. Para rematar, a derradeira das xornadas dedicarase aos cambios do século XIX na Mariña, xornada que incluirá unha ruta polos pazos da comarca da Mariña e unha conferencia a cargo de Prudencio Viveiro Mogo, natural de Ferreira.

Exit mobile version