Site icon Crónica3.com A Mariña

As fotos da presentación de Expomar demostran a soedade do alcalde, considera o PP de Burela

NOTA DE PRENSA

O GMPP de Burela considera que as fotos da presentación de EXPOMAR demostran a soedade do alcalde.
González Barcia reitera que a presentación da feira na Deputación foi un “enorme erro”.
Barcia afirma que o caché de Besteiro para clausurar a feira é de “só catro mil euros”.

O GMPP de Burela manifestou hoxe nunha nota de prensa que as fotos da presentación de EXPOMAR na Deputación de Lugo demostran a soedade e aillamento dun alcalde que usou a Feira, emblemática para Burela, nunha plataforma de promoción política de Gómez Besteiro e da propia Deputación.
O portavoz dos populares bureleses, e portavoz adxunto na Deputación, José María González Barcia, reitera a afirmación dos portavoces do seu partido de que ese acto foi “un erro”, porque tiña que terse feito na Xunta, administración que é quen realmente aporta fondos. Pero o peor foi que Besteiro ninguneou a EXPOMAR: aproveitou para anunciar que comenzaba a ronda de contactos para explicar o plano estratéxico provincial, e só fai falla ver a páxina web da Deputación.
Esta situación non debería ser tolerada polo alcalde, porque EXPOMAR é mui importante para Burela, para a comarca e tamén para a província, e non se pode ningunear nin á Feira nin a Burela do xeito que o fixo Besteiro, coa permisividade do alcalde.
Ademais, segundo Barcia, tampouco se entende mui ben que veña Besteiro a clausurar EXPOMAR, pola sinxela razón de que lle sale bastante barato, só catro mil euros, contía que e a que aporta a Deputación segundo os presupostos, e que agardamos que se incremente, porque é a mesma de anos anteriores. Se Besteiro defende tanto o mar e a pesca, que se molle, e que poña cartos encima de mesa e non só boa cara para sair nas fotos, cousa que xa sabemos que o fai bastante ben.
Barcia lembra que a presentación da edición de 2007 de EXPOMAR celebrouse en Santiago, na sede da Obra Social de Caixagalicia, coa Conselleira de Pesca. E a feira foi inaugurada pola conselleira de Pesca e clausurada polo conselleiro de Industria, nunha demostración de boas relacións institucionais e de recoñecemento a quen realmente aporta.
Igualmente, Barcia confia en que EXPOMAR se faiga cargo do canon correspondente ó uso da nave de redes do presente ano, que hai que facer efectivo a Portos de Galicia. González Barcia lembrou tamén que as xestións da nave de redes fixéronse e culminaron cando o PP gobernaba o concello de Burela

Exit mobile version