Site icon Crónica3.com A Mariña

As xornadas sobre violencia de xénero que se celebrarán en Ribadeo terán unhas vinte ponencias

RIBADEO (FNC) .- Preto dunha veintena de ponentes participarán nas II Xornadas formativas sobre abordaxe integral da violencia de xénero desde o ámbito local que organiza a Concellaría de Muller de Ribadeo. A edil, Mariluz Álvarez Lastra, dixo que “desde o Concello queremos seguir afondando, reflexionando e dando información sobre os aspectos que debemos ter presentes os profesionais para abordar desde unha perspectiva integral a problemática da violencia de xénero no entorno máis inmediato e no que nos movemos que é o local”.
As xornadas desenvolveránse no salón de actos do IES Gamallo Fierros de Ribadeo os días 15 e16 de maio. O prazo de inscripción para participar neste evento péchase o 14 de maio. A matrícula poderá formalizarse persoalmente, vía fax ou ben mediante confirmación por correo electrónico, previo ingreso na conta bancaria de Caixonova do seu importe. A cota xeral é de 15 euros, mentras que estudantes e parados/as só pagarán 10 euros. O fax do CIM é o 982 120 888 e a dirección de correo electrónico: cim@ribadeo.org
Nas ponencias abordaránse cuestións coma “as pautas de prevención da violencia de xénero e as actuacións desde os ámbitos sanitario, educativo, xurídico e tamén desde as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Outro capítulo é o destiñado ás boas prácticas e experiencias no ámbito local, no que se presentará un video didáctico para previr a violencia de xénero que foi elaborado polo Concello de Teo, tamén se presentará o protocolo interno do centro de saúde de Ribadeo e o blog do IES Juan José Calvo Miguel de Sotondrio en Asturias e o equipo de vixianza e apoio policial do Concello de Vigo falará da súa experiencia”, explicou Luisa González, responsable do CIM.
Protocolo do centro de saúde de Ribadeo
A enfermeira do centro de saúde de Ribadeo, Dolores García, sinalou que “o que presentaremos é o protocolo global de actuación que elaboramos nos últimos meses. Trátase de a través de certos indicadores de sospeita chegar a descubrir os casos de violencia de xénero que chegan ás nosas mans e que non son visibles nun primeiro examen ou recoñecemento. Tentamos sacar á luz aqueles casos que non son obvios. Recolle como hai que facer desde que unha muller chega á consulta, as preguntas que habería que plantexarlle e organizar todo o dispositivo para actuar unha vez que se confirme. O tratamento dos casos urxentes que chegan xa cun golpe, por exemplo, xa o analizamos o ano pasado”.
O CIM detectou no que vai deste ano 6 casos de violencia de xénero en Ribadeo, pero non todos foron denunciados, segundo explicou a responsable do CIM, Luis González. O ano pasado a cifra total de casos atendidos foi de 22.
A concelleira da Muller, Mariluz Álvarez Lastra, animou aos interesados a participar neste curso “tanto aos profesionais que obterán un certificado de asistencia, coma ao resto da poboación que pode asistir como ouvinte ás charlas que considere do seu interés, porque éste é un problema que nos afecta a todos”. O ano pasado participaron nestas xornadas formativas preto de 100 persoas chegadas desde diversos puntos de Galicia. A mesa de traballo que as organiza e que traballa na prevención e no estudio desta problemática é pioneira en Galicia.

Exit mobile version