Site icon Crónica3.com A Mariña

Asemblea do PP de Burela

NOTA DE PRENSA
O PP de Burela celebra asamblea de afiliados e simpatizantes.

Os populares preparan as eleccións europeas.

Analizarán a paralise da vida municipal.

O PP de Burela celebrará o vindeiro xoves, dia vinteún de Maio, ás oito da tarde e na antiga biblioteca, unha asamblea de afiliados e simpatizantes com dous puntos fundamentais a tratar, as eleccións europeas, e a situación política que se está a vivir.

De cara ás eleccións europeas, o PP está a punto de concretar a celebración de actos de campaña, así como os colaboradores do partido que participarán activamente durante a mesma e tamén na propia xornada electoral. Na asamblea definiranse estas dúas cuestións.

No tocante á situación política, farase especial fincapé na vida local, que segundo o PP está completamente paralizada e non presenta por parte do bigoberno ningún proxecto que xenere ilusión entre a cidadania; pero tamén se fará mención á situación galega, logo do cambio de goberno que tivo lugar o pasado un de Marzo.

Os populares entenden que desde o concello se está a facer só unha mala xestión dos cartos públicos, porque non se está facendo nada en absluto por colaborar para sair da crise.

Os populares afirman que as obras que se están a facer son devidas ó Fondo de Investimento Municipal, e de non ser por este plan Burela estaria totalmente paralizado.

Exit mobile version