Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro designado voceiro do Mar do PP no Parlamento Galego, engloba pesca, asuntos marítimos e portos

NOTA DE PRENSA

Alberto Núñez Feijóo designa ao deputado popular para esta nova responsabilidade como mostra do apoio e a confianza do líder dos populares galegos nas tarefas desenvolvidas ata o momento por Jose Manuel Balseiro

BALSEIRO OSTENTARÁ A PORTAVOCÍA DO MAR DO GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR

* O nova portavocía do Mar amplía ás súas competencias engadindo ás cuestións sobre pesca e aos asuntos marítimos todo o relacionado cos portos galegos, que antes dependía do voceiro de Política Territorial.

A Mariña, 05 de maio de 2009.- O líder dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, designou na mañá de hoxe a Jose Manuel Balseiro Orol como novo voceiro do Mar. Deste xeito, o deputado mariñán ampliará as responsabilidades que viña ostentando na lexislatura pasada, xa que ás cuestións sobre a pesca e os asuntos marítimos esta nova portavocía engádelle todo o relacionado cos portos galegos, que antes dependían do voceiro de Política Territorial.

APOIO E CONFIANZA

A designación do Presidente Feijóo é un xesto de apoio e confianza do líder dos populares galegos ao deputado mariñán que vén a reforzar o seu protagonismo parlamentario xa que defenderá e será impulsor de novas iniciativas e propostas, non só relacionadas co mundo do mar senón tamén, no ámbito da Mariña lucense.

Feijóo deu conta dos nomes dos distintos portavoces parlamentarios ao remate dunha reunión celebrada esta mañá na Cámara galega cos deputados do Grupo Popular. Durante a mesma o número un dos populares galegos pechou o reparto de responsabilidades que corresponderá a cada un dos voceiros parlamentarios ao longo da actual lexislatura.

Na asignación de responsabilidades pechada esta mañá, evitouse a duplicidade de cargos entre o Goberno e o Parlamento. “Non só –aclarou Feijóo- porque a tarefa de Goberno esixe dedicación plena, senón tamén porque outorgamos todo o valor que merece á tarefa de deputado”.

MOTOR DO PARLAMENTO

Desde a formación política popular lembraron que continúan sendo o grupo  maioritario da Cámara galega e como tal están chamada a ser, durante os próximos catro anos, o “motor do Parlamento”. De feito Alberto Núñez Feijóo adiantou que “as novas funcións e responsabilidades que se lle asignan a este Grupo, que sustenta ao Goberno, non poderán supoñer en ningún caso un motivo de relaxación na nosa actividade, senón todo o contrario; deben servir como estímulo para que esta lexislatura sexa aínda  máis frutífera en propostas e máis atractiva parlamentariamente”

PREMIO AO TRABALLO DESENVOLVIDO ATA O MOMENTO

Precisamente, a nova portavocía do Mar debe entenderse como premio ao traballo desenvolvido durante a pasada lexislatura na que Balseiro Orol foi un dos deputados máis activos e que máis iniciativas parlamentarias rexistrou na Cámara. A partir deste momento, Balseiro Orol asume esta nova responsabilidade de grande relevancia dentro do Grupo Parlamentario.

A devandita portavocía poderá compaxinala con outros cargos orgánicos dentro do partido a nivel provincial, como é o caso da Secretaría Xeral e tamén coas funcións de Secretario da Mesa do Parlamento, órgano de dirección da Cámara autonómica.

GARANTE DO PROGRAMA ELECTORAL

O presidente do Grupo Parlamentario Popular, Alberto Núñez Feijóo, encomendou aos seus deputados que velen  porque o novo Executivo autonómico sexa consecuente cos compromisos adquiridos cos cidadáns que lle outorgaron a maioría absoluta o pasado 1 de marzo. “O Grupo Popular –engadiu- deberá exercer como garante de que o dito será feito; e facer que o Parlamento sexa unha auténtica Cámara de representación da vontade popular e, por tanto, seguir e levar a iniciativa”.

Exit mobile version