Site icon Crónica3.com A Mariña

Barreiros celebrará o día das Letras Galegas cun concerto en San Cosme

BARREIROS (FNC) .- Barreiros celebrará o Día das Letras Galegas cun concerto. Será o domingo ás sete da tarde no centro social de San Cosme. A concelleira de Cultura, Adela Rodríguez, anuncia que “o 17 teremos actuacións musicais coma as que ofrecerán a Coral Polifónica de Barreiros que por primeira vez fará un concerto deste tipo e o Cuarteto de Música Clásica Onur. As dúas agrupacións están dirixidas por Bruno Pedre Otero”. A edil popular agarda que “veña moita xente ver esta actuación dado que vai merecer a pena”.
Adela Rodríguez lembra que “desde a Concellería de Cultura, a OMIX e a biblioteca como todos anos organizamos diversas actividades para celebrar o día das Letras Galegas. Empezamos hai uns días cunha viaxe dos nenos ao Parlamento de Galicia, o Museo de Arte Contemporáneo e o Museo do Pobo Galego, temos aberta unha exposición na OMIX sobre a vida e obra de Ramón Piñeiro e convocamos tamén un concurso de narración e debuxo para os nenos e mozos ata os 16 anos. Foron actos preparatorios que culminarán con este concerto previsto para o domingo”.

Exit mobile version