Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela divulga en Bélxica o turismo e a gastronomía

BURELA (FNC) .- Dende a Delegación de Industria, Comercio e Turismo do Concello de Burela que dirixe José González Legazpi non se perde ocasión algunha para divulgar os atractivos turísticos e gastronómicos de Burela “no senso de conseguir as maiores cotas posibles de desenvolvemento turístico do concello”. Segundo relata o edil nacionalista “en Bélxica atópase unha parte da comunidade do CEIP Vista Alegre nestes días onde realizan distintos actos de carácter formativo e de lecer, con inclusión de stands divulgativos das distintas cidades e rexións participantes”.

González Legazpi sinla que como “coñecedor desta posibilidade de interese turístico para Burela, mandei alí os rolst de publicidade que forman parte do set do Concello, e por tanto Burela atópase nestes días nun recuncho de Bélxica onde se dan a coñecer os seus atractivos turísticos e gastronómicos, despois de estaremos presentes en Bilbao a través de Turgalicia durante os primeiros días deste mes de maio”.

O concelleiro de Turismo agradece “esta acción de cooperación aos responsables do CEIP Vista Alegre desprazados en Bélxica”, e lembra de novo que “toda a divulgación posible de ámbito turístico e gastronómico do noso concello posibilitará maiores condicións de recoñecemento de Burela como destino turístico e favorecerá por tanto o noso desenvolvemento socioeconómico”.

Exit mobile version