Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela recibe 24 mil euros da Deputación para os camiños das Ribeiras e dos Matos

BURELA (FNC).- Burela recibe 24.000 euros da Deputación Provincial de Lugo, a través do Plan de Cooperación coas Comunidades Veciñais, para o arranxo do camiño das Ribeiras e para o acondicionamento do camiño dos Matos. Segundo explica o alcalde, Alfredo Llano, “son 12.000 euros para cada obra. No caso do camiño das Ribeiras trátase de preparalo para facer sendeirismo dado que xa é unha ruta bastante destiñada a este fin. E o camiño dos Matos mellorará con esta inversión”.

O rexedor burelés amósase satisfeito “pola concesión destas partidas económicas que foron solicitadas pola asociación de veciños O Vencello de acordo co Concello de Burela”.

Exit mobile version