Site icon Crónica3.com A Mariña

Buril reivindica nun mural que o vindeiro día das letras se dedique a Carvalho Calero

BURELA .- O colectivo cultural Buril, de Burela, realizou un mural “reivindicando que o vindeiro dia das letras sexa dedicado ao pai do reintegracionismo moderado, Ricardo Carvalho Calero, do cal se cumprirán 100 anos do seu nacemento (1910-1980)”. Esta iniciativa forma parte das programadas por Buril na conmemoración do día das Letras Galegas, así o sábado, no pub Penta, celebraron “unha animada cea popular amenizada por música en galego” coa actuación do grupo local Torques”. Buril “quere animar” a participar no cortexo da plataforma “Galego sempre máis” o domingo en Compostela na manifestación convocada en defensa da lingua galega.

Exit mobile version