Site icon Crónica3.com A Mariña

Calcula o PP de Burela que a Deputación “solo aporta 4.000 euros” a Expomar

Nota de Prensa

O PP de Burela afirma que a Deputación solo aporta 4.000’00€ a EXPOMAR.

Raquel Río e Bruno Pedre denuncian que o alcalde potencia a Besteiro presentando a Feira na Deputación.

Os portavoces populares afirman que se ningunea á Xunta.

O PP de Burela afirmou hoxe a través dunha nota de prensa dos seus portavoces Raquel Río e Bruno Pedre que non entenden mui ben os motivos polo que se presenta EXPOMAR na Deputación de Lugo, cando a aportación económica mais forte vén da Xunta de Galicia, especialmente da Consellería do Mar e da de Industria.

Os dous portavoces do PP burelés consideran que, por riba, a aportación que fai a Deputación non se incrementou con respecto a 2008 nin tan siquera con respecto a 2007: seguen sendo catro mil euros, que son benvidos, pero que non representan a pretendida aposta da Deputación por Burela. Esta cantidade é a que aparece nos presupostos do INLUDES para o presente ano; nin nos presupostos da Deputación nin dos INLUDES aparece ningunha outra cantidade.

Polo tanto, o alcalde de Burela está usando EXPOMAR para potenciar a figura do presidente da Deputación a cambio de nada: fan a presentación da Feira na Deputacion cando había que facela na Xunta de Galicia en Santiago, como se fixo en 2007, porque a Xunta é quen aporta a parte mais sustancial do presuposto de EXPOMAR.

Río e Pedre aseguran non saber que favores está a pagar o alcalde coa presentación de EXPOMAR na Deputación, porque en dous anos nada fixo por Burela nin tampouco polo sector pesqueiro, agás visitas de Besteiro para sacarse fotos nos portos lucenses. Os populares lembran que hai ano e medio, xa con Besteiro como presidente, a Deputación negouse a xestionar a contención das importacións de bonito e pescada e pedir que se mantivesen os prezos.

Exit mobile version