Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo recorda a Ramón Piñeiro o 23 no auditorio de Sargadelos

O sábado 23 de maio no Auditorio de Sargadelos, en Cervo, actuará o duo “Loli Rosado e Fajardo”, co grupo de cantareiras “Cordeaia”, ademais darase lectura a Vida e Obra de Ramón Piñeiro, o autor homenaxeado. Tamén está prevista a proxección do documental “Isaac”. Farase público o fallo do Xurado XXV Concurso literario Airiños do Xunco. Neste actos participa a asociación cultural “Airiños do Xunco” xunto cos “Aventados”, e en colaboración coa consellería de Educación, de Cultura, de Política Lingüística e da concellaría de Cultura do Concello de Cervo.

Exit mobile version