Site icon Crónica3.com A Mariña

En Celeiro de Mariñaos celebrarán o día das Letras con multiples actividades e unha merenda

A parroquia barreirense de Celeiro de Mariñaos celebrará o sábado día 23 a ‘Festa das Letras’. As 4 da tarde inauguración da exposición Castelao e Nós; a parti das 5 da tarde haberá xogos populares e deportes tradicionais na pista deportiva das antigas escolas; ás 6 dará comezo un Trivial Xigante; s 7 e media da tarde darán comezo as actuacións musicais con un concerto da agrupación Musiqueando de Ribadeo e logo será o turno do grupo de gaitas Airiños do Xunco, de Cervo. A ‘Festa das Letras’ deste ano pecharáse cunha merenda popular para todos os veciños e veciñas.O acto está organizado pola asociación veciñal Irmandade San Caetano e polo colectivo cultural Ollomao e conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo e co apoio da Mesa pola Normalización Lingüística.

Exit mobile version