Site icon Crónica3.com A Mariña

En Ribadeo o vindeiro “Domingo a pé” será pola ruta de Vilaodriz

A Concellaría da Muller de Ribadeo xa ten listo o segundo domingo a pé que discorrerá pola ruta de Vilaodriz o vindeiro 24 de maio. As mulleres participantes sairán a partires das once e media da mañá de Ribadeo a onde retornarán a media tarde. Os denominados Domingos a pé foron concebidos coma unha alternativa de ocio dirixida específicamente ás mulleres para posibilitar un tempo de propio de descanso e de ocio nas tardes dos domingos e para difundir o coñecemento da natureza e do patrimonio cultural e arquitectónico da zona.

Exit mobile version