Site icon Crónica3.com A Mariña

Ensinan supervivencia doméstica a mozos de Xove

XOVE .-  Alumnos e alumnas do IES “Illa de Sarón” participaron nun obradoiro de supervivencia doméstica no que, na parte práctica, aprenderon a elaborar un menú de tres pratos e na parte teórica participaron nun debate activo sobre costumes sociais con respecto ás tarefas domésticas.

NOTA DE PRENSA

OBRADOIRO DE SUPERVIVENCIA DOMÉSTICA PARA ADOLESCENTES

O Departamento Municipal de Igualdade do Concello de Xove organizou, en colaboración co  IES “Illa de Sarón”, un obradoiro de supervivencia doméstica para o alumnado. Esta actividade foi concedida polo Servizo Galego de Igualdade da Xunta de Galicia.

A Actividade tivo lugar hoxe  venres, día 15 de maio, en horario de 16:00 a 22:00 horas no IES “Illa de Sarón”.

Este obradoiro constou  de dúas partes:

a)    Parte teórica, un debate activo sobre costumes sociais con respecto ás tarefas domésticas.
b)    Parte práctica, onde as rapazas e rapaces elaboraron un menú de tres pratos.

A aportación do Concello de Xove a este Obradoiro, amáis do propio traballo organizativo,   concretouse en: dotación dunha cociña e material complementario básico da mesma e de lavado, delantais e material para o lixo.

Exit mobile version