Site icon Crónica3.com A Mariña

Festa polo ascenso a Rexional Preferente a U.D. Xove-Lago

XOVE .- O vindeiro sábado 16 de maio, e xa rematado o Campionato de 1ª Regional, Xove vai celebrar por todo o alto o ASCENSO DA U.D. XOVE-LAGO A REXIONAL PREFERENTE. Dende o Concello, e coa colaboración da U.D. Xove-Lago, preparouse un amplo programa para celebrar o devandito ascenso.

PROGRAMA:

-19:30 horas.- RECEPCIÓN do Equipo e Directiva no Salón de Plenos do Concello.

-20:00 horas.- SAÚDA Á AFICIÓN dende o balcón do Concello.

A estes actos espérase que acuda moita xente, e non só os socios/as do Xove-Lago. Dende o Concello e a U.D. Xove-Lago invítase a socios e non socios a participar nestes actos e celebrar todos xuntos o ascenso do equipo.

-Rematados os actos na Casa do Concello, ás 22:00 horas (10 da noite), terá lugar unha CENA BAILE na Carpa Multiusos, que vai ser amenizada pola Orquestra “Emperadores”.

A asistencia á Cena-Baile ten un custo de 25 €uros/persoa. Os Tickets para asistir á mesma, pódense adquirir en:

-Bares e Cafetería de Xove.

-Onde a Directiva do Xove-Lago.

Exit mobile version