Site icon Crónica3.com A Mariña

Inician en Burela traballos de mantemento e sinalizacións en ruas

BURELA (FNC) .- Esta semana deron comenzo en Burela as obras de pintado de pasos de peóns, aparcamentos e marcas viais e a sinalización vertical nas rúas máis transitadas. Segundo o concelleiro de Obras, Pascual Doménech, “a execución destas obras, ademais de mellorar o entorno urbano, ofrece ao cidadán maior seguridade vial, facendo máis visibles os pasos de peóns, mediante a aplicación de pintura reflexiva e a colocación de sinalización vertical. Ditas obras xustifícanse xa que hai rúas nas que a señalización carece de nitidez dado o seu desgaste pola alta densidade poblacional, dificultando a visibilidade tanto a peóns como a conductores, aparte de non existir nos indicados pasos sinalización vertical”.

O edil socialista anuncia que esta mesma semana comenzará o escarificado e asfaltado en diversas rúas  “onde debido a alta densidade de tráfico que soportan diariamente e ao desgaste propio do seu uso é necesaria unha actuación máis profunda que un rebacheo que se fai habitualmente. Extenderase unha capa de aglomerado e posteriormente procederase á súa sinalización habitual con pintura reflexiva”.

A Delegación de Obras e Servizos pide “disculpas e comprensión polas molestias que se están a causar, máis a nosa intención é poder levar a cabo as melloras necesarias a fin de conseguir entornos agradables e seguros para os cidadáns, e en concordancia cos criterios municipais de potenciación e mellora dos ámbitos urbanos”.

Exit mobile version