Site icon Crónica3.com A Mariña

Mariña Patrimonio organiza unha nova actividade do ciclo Arredor do mar

Mariñapatrimonio organiza o sábado día 30 de maio unha actividade do ciclo Arredor do mar, que consta de duas partes. Na primeira, ás 17:30 horas, visita guiada á Carpintaría de Ribeira de Fra en San Cibrao, ubicada no paseo marítimo. Alí Fran ha explicarnos como se construian os pailebots , os trincados… o traballo dunha das familias que desde hai moitos anos se dedicou á construción de barcos neste porto. A segunda parte desta é a conferencia do historiador Dionisio Pereira González que falará sobre O noso patrimonio marítimo, no Museo do Mar de San Cibrao,ás 18:30 horas.
Para máis información sobre estes actos chamar aos teléfonos 616815120 ou 690650542 e tamén consultar as páxinas do noso blog

Exit mobile version