Site icon Crónica3.com A Mariña

Non ve o PP “proxectos ilusionantes” no goberno de Burela

NOTA DE PRENSA

O GMPP de Burela afirma que os dous anos de bigoberno son nefastos para Burela.
Os populares ven vagancia e derroche.
Lamentan a ausencia de proxectos ilusionantes.

O GMPP de Burela fixo hoxe unha valoración da metade do mandato municipal e da xestión do bigoberno burelés, sacando como conclusións finais a vagancia do bigoberno, a falla de proxectos ilusionantes para a cidadanía, e a especial preocupación pola propaganda e pola parranda.
Para os populares, nestes dous anos comprobouse que o traballo non é o forte do bigoberno, nin do alcalde nin de Nieves Cando. O primeiro, por exemplo, logo dun ano, ainda non foi capaz de resolver o concurso de adxudicación do servicio da auga; tampouco foi capaz de sacar adiante as obras do saneamento da estrada A Casilla-A Marosa. A segunda, logo de prometer as obras do campo de fútbol artificial da Marosa en repetidas ocasións, non foi capaz de que a Xunta bipartita tan siquera licitara a obra, a pesares de que a subvención fora pedida polo goberno municipal do PP. E en materia deportiva e cultural non fixo nada que non se estivera facendo durante a época do PP; tanto é así, que as obras de remodelación do pavillón, as dúas que se fixeron, fíxoas ou púxoas en marcha o PP.
Tampouco hai proxectos que ilusionen á cidadania. Por parte do alcalde, em dous anos só foi capaz de contar cun proxecto que custará cen millóns de pesetas, para a separación de augas pluviais e de saneamento, pero que suporá levantar boa parte das rúas do centro de Burela. Todos os demais proxectos cos que contaba o PP quedaron aparcados, e por exemplo o parque empresarial da Puida xa non conta para o alcalde.
No tocante a Nieves Cando, os seus proxectos quedarán plasmados en que por primeira vez na historia as asociacións e colectivos de Burela quedan este ano sen subvencións do concello. Polo demais, nada que non estivera facendo co PP.
Por último, destaca unha especial preocupación pola propaganda e pola parranda. Nos momentos de crise en que vivimos, sen ningunha aportación suplementaria do concello os que máis a sofren, coma os parados, os dependentes, as famílias con dous ou mais membros xubilados, o alcalde e Nieves Cando preocúpanse máis por aproveitar a mínima oportunidade para saír na foto e na prensa. Teñen un gusto desmesurado polas festas e polas parrandas, o que tén levado ó concello a unha situación económica preocupante.
Por eso, o PP considera que estes dous anos están cheos de sombras. A todas as indicadas, hai que engadir a falla de transparencia na contratación de persoal, xa que se teñen contratado persoas polo único mérito de ser simpatizantes ou militantes socialistas; se teñen dado irregularidades nos procesos selectivos, e mesmo a concelleira Remedios López foi contratada para o Pacto Polo Emprego nada máis e nada menos que polo proprio alcalde, ainda que en calidade de presidente do mesmo. Temos que engadir tamén que non se presentou ningún proxecto novo para Burela nin por parte da Xunta nin por parte do goberno central. A nave de redes, a nova rede de auga, o acceso ó porto, e o novo edifício de capitanía, por exemplo, ou son herdados da época da Xunta do PP ou foron xestionados polo goberno municipal do PP.
Polo tanto, e como colofón, só nos queda contemplar na cidadanía o desánimo, a desilusión, e a preocupación polo pasotismo de PSOE e BNG, que dan moitas palmadiñas no hombreiro pero non solucionan os problemas, ainda que entre eles se levan para a casa algo mais de cen mil euros en soldos a finais de ano.

Exit mobile version