Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela, a espera de Sanidade, conta que o centro de saúde teña novo pediatra en xuño

BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, agarda que o pediatra que solicitaron para o centro de saúde comece a traballar o vindeiro mes de xuño, aínda que polo momento non recibiu comunicación algunha das autoridades sanitarias.
Llano sinala que “de momento oficialmente non recibín ningunha contestación a esta petición. Sería bó que o pediatra comezase a traballar a partir do 1 de xuño, dado que os pais e os nenos teñen que seguir a desprazarse a San Cibrao para recibir atención pediátrica”. O alcalde entende que “se trata dun servizo de moita necesidade para o noso concello porque temos moitísima poboación infantil. Cremos que son máis dos 1.229 nenos en idade pediátrica dos que falamos hai uns días porque hai moita poboación que vive en Burela, pero que non está empadroada aquí”.
O rexedor burelés entende que “é unha petición que debe ser respetada porque é moi demandada polos pais e agardo que os responsables sanitarios se amosen interesados por este tema e o resolvan o antes posible”

Exit mobile version