Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Ribadeo pide que se evite que a crise gandeira leve a unha catástrofe no rural

RIBADEO (FNC) O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, recoñece que “este sábado vivimos en Ribadeo certos momentos de preocupación e de tensión por este conflicto do leite. A chispa saltou en dúas explotacións do concello veciño de Barreiros, onde a empresa Leite Río deixou de recollerlles a leite e eso provocou que numerosos gandeiros de Barreiros, Trabada e Ribadeo interceptaran algún camión cisterna desa empresa e o bloquearan como ocorreu en Piñeira (Ribadeo). A primeira hora da tarde xa o tiñan inmovilizado e alí se desprazaron efectivos da Garda Civil. Houbo certa tensión ao principio, eu estiven alí en todo momento, e eu como alcalde de Ribadeo, comprendo a situación que está vivindo o sector, pero tamén estaba moi preocupado polo que puidera pasar e contactei e falei co subdelegado do Goberno para pedirlle mediación para que a Garda Civil non se excedera, como así foi, non houbo que lamentar ningún tipo de conflicto”.
O rexedor apunta que “esta situación se da porque o sector está nunha situación límite. É imposible estar tranquilo vendendo o produto, resultado do traballo dun, moi por debaixo do prezo de coste. É polo tanto normal que salten chispas como as que saltaron o sábado en Ribadeo. Eu creo que desde logo, por parte de quen proceda porque o Concello neste caso pouco ten que facer, ainda así si algo ten que facer tentarao, pero sobre todo por parte da Xunta, da Consellería e do Ministerio de Medio Rural deben poñer coto a estas prácticas de dumping polo cal o Estado español pode producir moito menos leite do que consume e estados veciños coma o francés poden producir moito máis do que consumen, e eso xenera un excedente enorme que acaba provocando un dumping, que acaba ocasionando que entre no Estado español leite a un prezo moi por debaixo do que costa producilo aquí, por máis que as nosas explotacións nos últimos lustros se modernizaran e sexan punteiras”.
Suárez Barcia engade que “como alcalde e con toda a responsabilidade do que digo, parecéronme moi desafortunadas as declaracións do novo conselleiro de Medio Rural dicindo que esto era un problema illado de dúas explotacións e que como tal problema illado elas dúas o deberían resolver xunto coa empresa. Eu creo que moi illado non debe ser cando aproximadamente 100 gandeiros de tres concellos diferentes se xuntaron en Ribadeo e logo no día de onte estiveron por varios puntos da provincia con accións reivindicativas para defender o seu traballo, o seu modo de vida e o medio rural. Eu sin entrar a valorar máis este asunto, o que quero é que non se produzan liortas, que non se estropeen as propiedades alleas, pero desde logo é comprensible a situación de desesperación que están a sofrir os gandeiros”. O alcalde di que “eu así o puiden escoitar de numerosas veciños do noso concello e doutros concellos e todos coinciden en que a situación é crítica e que si non se poñen medidas a corto prazo poderíamos ir a unha catástrofe do medio rural”.

Exit mobile version