Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG considera que a presenza en Bruxelas garante que Galiza non pague a crise

NOTA DE PRENSA
A presenza do BNG en Bruxelas garante que Galiza non pague a crise

O BNG celebra o seu acto central o Domingo en Ribadeo

O Bloque Nacionalista Galego vai celebrar o acto central da súa campaña ás Eleizóns Europeas na Comarca da Mariña o Domingo 24 de Maio ás 12:30 no Cine – Teatro de Ribadeo nun acto no que participarán Fernando Suárez(Alcalde de Ribadeo), Cosme Pombo(Candidato), Ana Miranda(Cabeza de Lista) e Guillerme Vázquez(Portavoz Nacional do BNG).

Os nacionalistas enfrontan esta campaña profundamente ilusionados e co convencemento de que a candidatura nacionalista vai acadar representación en Europa tal como apuntan todas as enquisas que sitúan a candidatura da que forma parte o BNG como cuarta forza política do Estado.

O cenario económico que vive Galiza e o conxunto da Unión Europeo fai fulcral a presencia do BNG en Bruxelas para que os intereses do noso País conten a hora de definir as políticas Europeas. Ë o momento de que muden as regras de xogo é que Galiza deixe de ser a págana das decisións comunitarias. Neste sentido o BNG defenderá como modelo de superación da crise económica, un modelo dirixido ás maiorías sociais baseado no avanzo do benestar e a xustiza social, no desenvolvemento sustentábel e autocentrado dos pobos,un modelo no que o poder económico se subordine ao poder político.

Os nacionalistas ao longo da campaña explicaran a súa proposta de reforma das institución financieinas europeas de cara a garantir que a liquidez chegue as empresas e as familias modificando as políticas do Banco Central Europeo que só serviron para beneficiar a grande banca pero deixaron desvalidos aos sectores económicos e aos traballadores. Neste sentido desde o BNG defendemos:

-Redefinir o Banco Central Europeo, de xeito que se someta ao control público e se reoriente a súa política monetaria.

– Orientar a política do Banco Europeo de Investimentos de xeito prioritario a proxectos dirixidos a mellorar o benestar social e á cohesión territorial.

-Demandar do Banco Central Europeo que transfira directamente liquidez aos sectores productivos e as familias prescindindo dos operadores financeiros privados.

O BNG considera que é necesario velar, agora máis que nunca, por fortalecer o Estado do benestar como un elemento identificador da UE e garantir uns mínimos comúns de xustiza social. Fai falla garantir, igualmente, a igualdade de oportunidades. Toca pois, impulsar decididamente un cambio no modelo económico actualmente vixente que abandone dunha vez por todas os modelos especulativos, e que derive cara un novo paradigma de crecemento sostíbel baseado nun desenvolvemento económico non especulativo, equilibrado territorialmente, socialmente igualitario, priorizando o coñecemento e a investigación.

Exit mobile version