Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG critica que non se convocara o pleno ordinario de Barreiros

NOTA DE PRENSA (FNC)

O BNG CRITICA QUE NON SE TEÑA CONVOCADO O PLENO ORDINARIO PREVISTO PARA O PASADO LUNS EN BARREIROS. OS NACIONALISTAS DIN QUE O CONCELLO SE ESTÁ A LEVAR COMO SE FOSE UNHA FINCA PARTICULAR SEN DAR CONTA A NINGUÉN.

Barreiros, 27 de maio de 2009. Desde o grupo municipal de Barreiros “queremos chamar a atención, denunciar e preguntar polo que ven acontecendo en máis dunha ocasión, xa que non se respectan as datas dos plenos. Este luns pasado tería que haber unha sesión ordinaria e a día de hoxe non tivemos ningunha comunicación por parte da alcaldía e ningunha convocatoria, polo que tal pleno xa non se celebrou na data prevista”.

Os nacionalistas tildan de preocupante o acontecido e entenden que “desde a alcaldía se está levando o Concello como si fose unha finca particular sen dar conta a ninguén, sen dar conta sobre todo á oposición deste cambio de día para o pleno ordinario porque agardamos que sí se convoque ainda que sexa noutra data”.

O grupo municipal do BNG considera que “había un volumen bastante importante de iniciativas presentadas polo noso grupo como podían ser os accesos á autovía, a habilitación dun área recreativa na Espiñeira, o tema da lingua ou os cartos que se adebedan aos clubes deportivos desde hai tres anos”. Os nacionalistas cren que esta actitude “é unha falla de respecto aos veciños porque moitos están esperando e desexan saber cando se celebra o pleno para poder asistir. Parece ser que desde a alcaldía igual non hai moito interés en que os veciños asistan aos plenos e ao mellor esto responde a unha estratexia para despistar un pouco á poboación. Aos que non nos vai despistar é ao grupo municipal do BNG que lle vamos esixir a inmediata convocatoria deste pleno ordinario, onde se van tratar temas moi importantes para o Concello e para os veciños de Barreiros”.

Exit mobile version