Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG defendeu en Viveiro unha economía ao servizo das maiorías sociais

NOTA DE PRENSA:
Galiza non se pode converter na págana da crise.

O BNG defende en Viveiro unha economía ao servizo das maiorias sociais

O Bloque Nacionalista Galego no mitin celebrado hoxe en Viveiro afirmou que o modelo económico implantado pola UE nestas últimas décadas tivo como fío conductor o avanzo na liberalización dos mercados, a desregulación das actividades económicas e financeiras e na privatización de empresas e servizos públicos; desmantelando progresivamente a protección social e os servizos públicos, apostando por un deseño económico e social ao servizo dos poderosos “lobbies” económicos europeos e das empresas transnacionais. A profunda crise económica estrutural que padecemos é a demostración do fracaso estrepitoso destas políticas económicas ultraliberais, que inspiraron aconstrución da Unión Europea e a harmonización das políticas económicas e socias dos Estados Membros. Por iso, esta crise do neoliberalismo económico significa tamén a crise do modelo de integración económica e monetaria auspiciado pola Unión Europea nas últimas décadas.

Ermida afirmou que, o importante de situacións como estas, de momentos de crise e a xestión que se lle dá as mesmas. A crise do 29 abriu as portas a alianza capital-traballo e a xeneralización do Estado de Benestar. A crise do 73 serviu para volver á cara menos humana do sistema e impuxo o neoliberalismo como modelo dominante. Na mesma liña o Responsábel-Comarcal do BNG criticou o cinismo do PSOE e do PP que se pelexan sobre a responsabledade da crise e falan de novos modelos e de reformas cando uns e máis outros son confesionais do mesmo módelo que impulsaron tanto na era Aznaz como na era Zapatero.

Xa por ultimo Ramón Ermida afirmou que é bo saber o marco no que xogamos, para non criar falsas expectativas. E nos movémonos nun autonomía de competencias limitadas, por iso é central que Galiza conte cun Estatuto de Nación, que dificulta a posta en marcha de políticas públicas. Pero ao corsé que impón o marco autonómico, hai que sumarlle todas as limitacións definidas polas políticas europeas e estatais.Por iso cando os nacionalistas falamos dunha reformulación plurinacional do estado ou dunha Europa dos pobos non estamos a facer unha afirmación doutrinal, estamos a falar de cousas de comer, de cuestión nas que lle vai a vida ao País.

Fernando Blanco fixo referencia a supresión da tarifa G4 asi como a que Aprincipios de 2007 a Comisión Europea, manifesta dúbidas de que as tarifas eléctricas, a famosa G4 da que se beneficia Alcoa, reguladas no Estado poidan supoñer axudas estatais falando de ventaxas na competencia con empresas doutros estados membros sen embargo existen figuras semellantes noutros estados como é o caso de Italia, Dinamarca, Portugal, Irlanda, Grecia, Hungría, Chipre, Malta, Estonia, Lituania e Letonia. Que pasa que hai Estados de primeira e de segunda?.

Na mesma liña Blanco deu conta da decisión do Tribunal de Xustiza de Estrasburgo de Decembro de 2007 onde fallou contra os sindicatos suecos e fineses no caso que estes mantiñan aberto contra empresa letona Laval que estaba a traballar na cidade sueca de Vaxholm, por negarlle aos seus traballadores os dereitos e os salarios que establecía a lexislación sueca, e xa que logo obrigándolles a operar conforme ao disposto pola condicións laborais de Letonia. Así conforme a esta interpretación,os traballadores de empresas estranxeiras destacados noutros Estados, fican ligados aos mínimos legais pero nunca aos acordos colectivos do sector e do Estado a onde van traballar. A onde nos leva isto, a que mañá poidamos atoparnos aquí con empresas da Europa a 27 empeorando aínda máis as condicións dos traballadores de Lugo.

Exit mobile version