Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG pide ao goberno que actúe ante o acoso laboral a traballadores da Capitanía Marítima de Burela

O BNG pide ao goberno que actúe ante o acoso laboral a traballadores da Capitanía Marítima de Burela
Nota de Prensa

O BNG PIDE AO GOBERNO QUE ACTÚE ANTE O ACOSO LABORAL QUE SUFREN TRABALLADORES DA CAPITANÍA MARÍTIMA DE BURELA POR COMETEREN O “DELICTO” DE FALAR EN GALEGO

O deputado Bieito Lobeira afirma que a situación sería “surrealista se non fose pura realidade”

Santiago de Compostela, 7 Maio 09.- O portavoz parlamentar do BNG en materia de Lingua, Bieito Lobeira, vén de rexistrar unha pergunta parav a súa resposta oral en Comisión sobre a discriminación sufrida por traballadores da Capitanía Marítima de Burela por “cometeren o delicto” de usar a lingua galega.

O deputado nacionalista quer que o goberno galego explique que medidas vai adoptar para defender o uso do galego por parte dos traballadores e traballadoras deste organismo dependente do Goberno do Estado, asi como o dereito dos administrados a recibiren atención no seu propio idioma.

Lobeira faise eco asi da denuncia feita pública onte mesmo por dúas traballadoras e un traballador da Capitanía Marítima de Burela que, segundo eles mesmos explicaron, “están a sofrer unha situación de acoso laboral e discriminación no seu emprego pola única razón de usar a lingua galega nos seus postos de traballo”.

O portavoz de Lingua lamenta este tipo de prácticas que, na súa opinión, son unha demostración do “bilingüismo harmónico” e a “amabilidade lingüística” diante da suposta “imposición” do galego.

“Que a estas alturas do século XXI haxa institucións oficiais que se permitan o luxo de conculcar a legalidade vixente en materia lingüística e pisotear os dereitos de traballadores que só pretenden instaurar a normalidade nun entorno que, segundo os dados oficiais, utiliza o galego como lingua maioritaria do 90% da poboación”, alega Lobeira.

O deputado ironiza indicando que a situación plantexada resultaría “surrealista se non fose pura realidade”.

Exit mobile version