Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG apoia á mobilización convocada pola MNL en defensa da lingua galega

Nota de Prensa

Apoio manifestación da lingua.

O BNG amosa o seu total apoio á mobilización convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística para este domingo, 17 de maio, en defensa da lingua galega. O BNG fai un chamamento á participación de toda a militancia e simpatizantes na manifestación que sairá ás 12:00 horas da Alameda de Compostela. A fin de facilitar o desplazamento daquelas persoas que queiran acudir, habera autobuses desde o conxunto das localidades da Comarca podendo apontarse chamando aos telefonos 982581861 ou ao 982140654.

Dende o BNG rexeitamos a política contra o galego que está por en marcha o novo Goberno do Partido Popular, unha estratexia que obedece á dereita máis reaccionaria e centralista de Madrid e ás súas organizacións satélites en Galiza.

Neste sentido, animamos a toda a sociedade galega a manifestarse este domingo contra a derrogración do Decreto 124/2007 que pretende o novo Goberno do PP. Os dados reflicten unha continúa perda de falantes na nosa lingua, en especial na mocidade, e un incumprimento do número de horas mínimas en galego no ensino. Por iso, temos que esixir que se aplique o Decreto, para que os nenos e negas poidan aprender o galego, manténdoo vivo cara ao futuro.

Contra o mito que algúns  espallan, o noso idioma non se está a impoñer, pola contra contra está en situación de inferioridade xurídica e social fronte ao español. As mentiras do PP e das súas organizacións non teñen nada que ver coa realidade: queren invertir o papel de opresor e oprimido: é a lingua galega a que está submetida ao español, a que sofre un patente proceso de substitución lingüística, a que segue estando marxinada nos medios de comunicación, na xustiza, no cine, na nosa vida diaria. Reparemos sençon nos recentes casos de discriminaciçon linguçistica que se deron recentemente na capitania de Burela. As dificultades para vivir en galego son constantes, e agora o PP quere impedir que as xeracións futuras poidan medrar en galego.

Non llo imos permitir! Este domingo acudamos todos e todas a Compostela para defender a obra máis prezada do pobo galego: a nosa lingua!

Exit mobile version