Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP agarda que a deputación arranxe a estrada de Xove a Valcarría

NOTA DE PRENSA

O GPPP AGARDA QUE A DEPUTACIÓN ARRANXE “TODO” O VIAL XOVE-VALCARRÍA

* O voceiro adxunto dos popularesconsidera “unha burla ós vecinos de Xove” o estado da estrada

* Barcia demanda ó organismo provincial axilidade na realización das obras

Xove, a 6 de maio de 2009.- O GPPP confía en que a Deputación arranxe “toda a estrada de Xove a Valcarría por Monte” dado o seu lamentable estado, e non se limite a arranxar só o tramo que pertence ó concello de Viveiro, tendo en conta que o peor estado é o que se dá no tramo pertencente ó municipio de Xove.

O voceiro adxunto dos populares na Deputación, José María González Barcia, considera unha burla ós vecinos de Xove que a Deputación ignore o estado da estrada no que respecta ó termo municipal de Xove.

Barcia estima que a estrada merece un tratamento conxunto que non faga diferencias entre os tramos que corresponden a cada concello, porque sería unha marxinación duns cidadáns con respectos ós outros. Lembra, neste senso, que foi precisamente o PP, nunha visita feita recentemente polo alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e el mesmo a esta estrada o que denunciou o estado da mesma e o retraso na execución das obras de mantemento e conservación.

González Barcia demanda da Deputación axilidade na realización das obras, trato igualitario para veciños e concellos, e menos palabrería e máis compromiso á hora da execución dos proxectos da Deputación.

Exit mobile version