Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Mondoñedo “insta o rectificar” ao goberno municipal que “volveron a renunciar a subvencións”

Nota de Prensa

O GRUPO POPULAR de Mondoñedo, e no seu nome, Elena Candia, quere denunciar a lamentable xestión que está a desenrolar no bipartito así como insta o rectificar na sua actuación para vindeiros proxectos.
Recentemente volveron a renunciar a subvencións negociadas e concedidas polo goberno popular e que por un acto de ineficacicia e ineptitude sen precedentes veñen de perder:
de todos e sabido as dificultades de accesibilidade que ten o Edificio do Concello, por tratarse dun edificio histórico con moitas e incómodas escaleiras que colman de complexidade o acceso ó mesmo por parte dos nosos veciños e veciñas, no seu momento o grupo popular conseguira unha aportación vía subvención para a colocación dun ascensor, ante a EXCELENTÍSIMA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO, obra de accesibilidade que xa estaba adxudicada á unha empresa.

pero desgraciadamente volvemos a enterarnos de que esta subvención se rexeitou e que a empresa adxudicataria tivo que ser indemnizada, e por tanto os veciños e veciñas do noso pobo seguen a ter que “sufrir” cada vez que acceden ó noso concello.

Este bipartito vai pasar á historia por ser o goberno que máis renuncias a traballos herdados materializa, xa non é que consiga inversión, senón que a conseguida por gobernos anteriores nin a saben xestionar.

así mesmo, propoñerá no vindeiro pleno que dende o goberno local se instauren medidas de DINAMIZACIÓN PARA MONDOÑEDO E PARA O SEU RURAL: posta en valor do mercado dos xoves, plan de dinamización turística

Exit mobile version