Site icon Crónica3.com A Mariña

O SERGAS está en conversas cunha pediatra para ocupar a praza de Burela

BURELA(FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, recibiu unha notificación do Servizo Galego de Saúde na que lle comunican que están en conversas cunha pediatra que en breve se podería incorporar ó centro de saúde da vila. Llano agradece que “o SERGAS se puxese en contacto comigo, mandoume unha comunicación na que se me notifica que se recibiu a miña petición de solicitar un pediatra para Burela e certamente estiveron pola labor e están en conversas cunha pediatra que estaba a traballar en Asturias e que ten interese en vir para aquí, por tanto é moi fácil que a partires de primeiros de xuño estea xa con nós”.

O rexedor engade que “isto hai que agradecelo, foi unha petición que se fixo e cremos que era de moita necesidade. Aquí hai unha boa relación institucional, de feito temos esa notificación que nos da unha boa noticia. Penso que a partires de xuño os nenos de Burela serán atendidos no centro de saúde do noso concello, o que beneficiará a un gran número de rapaces que chegan aos 1.300, como xa comentamos noutras ocasións. Penso que é unha boa noticia para Burela”.

Exit mobile version