Site icon Crónica3.com A Mariña

O venres comeza en Burela as II Xornadas Gastronómicas da Merluza

BURELA (FNC) .- Todo está listo en Burela para a celebración das segundas xornadas gastronómicas da merluza do pincho que se desenvolverán do 22 ao 24 de maio. A concelleira de Mar, Remedios López, asegura que “desde este departamento o que tentamos é dar a coñecer todos os produtos de gran calidade que se venden no noso peirao. Nesta ocasión a protagonista é a princesa do mar ou merluza do pincho fresca de Burela, que é como se promocionou no seu momento para diferenciala nos mercados nacionais nos que entra moito produto foráneo e de menor calidade”.

As racións de merluza venderanse ao prezo de 6 euros e poderá ser degustada preparada de diferentes xeitos en 15 establecementos da vila: Mesón Botafumeiro, Parrillada de Jandro, Mesón Carlos, Casa Miranda, Mesón Don Jamón, Mesón Hamilton, restaurante Os Remos, restaurante Palacio de Cristal, pizzería Pizzbur, restaurante Luzer, Bar Orxal, cervexería A Bodeguilla, Mesón O Poeta, Parrillada A Marquesa e restaurante Sargo.

Remedios López sinala que “desde ABSA ven moi positiva esta iniciativa de promocionar os seus produtos e agasallarán a cada establecemento participante nestas segundas xornadas cunha merluza do pincho”. A edil de mar convida a bureleses “e ao resto dos veciños da Mariña a que se acheguen a Burela estes días a disfrutar da nosa gastronomía. Unhas xornadas que se celebran coincidindo coa feira monográfica Expomar”.

Exit mobile version