Site icon Crónica3.com A Mariña

Pastelerías, panaderías, quioscos e librerías de Ribadeo contribuirán a dar a coñecer a Ramón Piñeiro

RIBADEO (FNC) .- O Concello de Ribadeo celebrará o día das Letras Galegas con dúas actividades. Por unha banda, mañá ás 20:30 horas terá lugar o  concerto organizado en colaboración con Amadores da Música e coa Banda Municipal de Ribadeo. Será no Auditorio Hernán Naval con entrada gratuita. A concelleira de Cultura, Mariluz Álvarez Lastra, convida “a todas as persoas que o desexen a que acudan a esta cita musical de mañá”.
E o domingo 17 en todas as pastelerías, panaderías, quioscos e librerías “cando a xente vaia facer as súas compras ao longo desa mañá van encontrarse cunha tarxeta ou folleto informativo sobre a persoa á que se adican este ano as Letras Galegas, é dicir sobre Ramón Piñeiro. Desde Normalización Lingüística e desde o Concellaría de Cultura fixemos este folleto tratando de dar a coñecer a figura de Piñeiro, con algo da súa vida, da súa formación e demáis…”, segue a contar a edil nacionalista.
Mariluz Álvarez Lastra tamén lembra outra cita musical para hoxe venres que se enmarca dentro do ciclo Máis preto de ti “co que pretendemos achegar a actividade cultural ás parroquias”. Trátase da actuación do coro do Colexio Sagrado Corazón prevista para as 20:00 horas deste venres na igrexa da Devesa.

Exit mobile version