Site icon Crónica3.com A Mariña

Reflexionarán sobre os estereotipos sexistas no IES Gamallo Fierros de Ribadeo

RIBADEO.- Reflexionar sobre os mecanismos sociais que favorecen a súa transmisión e perpetuación é o obxectivo dos obradoiros de xénero que o Observatorio da Mariña pola Igualdade vai impartir os días 21 e 28 de maio ós alumnos/as de 3º e 4º da ESO do IES Gamallo Fierros de Ribadeo.

“As mulleres son máis sensibles cós homes”, “os homes son os que levan a iniciativa nas relacións”, “as mulleres teñen máis habilidade cós homes nas tarefas domésticas”… Estes son algúns dos estereotipos sexistas que aínda existen na nosa sociedade.

Actividades grupais, lectura de historias próximas á realidade dos mozos/as e visionado de anuncios en TV e prensa serán as ferramentas que permitan reflectir como os axentes socializadores contribúen a establecer diferentes roles entre homes e mulleres que levan a crer que teñen diferentes aptitudes e cualidades para as mesmas opcións vitais.

Estes obradoiros de xénero enmárcanse na campaña “Dálle a volta” que o Observatorio da Mariña pola Igualdade está a desenvolver nos diferentes institutos da Mariña. Deste xeito, a responsable das actividades destes obradoiros, Carolina García, tamén lles repartirá ós alumnos/as dípticos de sensibilización sobre os que debaterán na clase.

Exit mobile version