Site icon Crónica3.com A Mariña

Discrepa o PP do BNG polas pegadas electorais

NOTA DE PRENSA
Os populares insisten en que o BNG cometeu unha irregularidade ao anticiparse e distribuír propaganda partidista antes do inicio legalmente previsto da campaña electoral e reclama aos nacionalistas que respecten ás regras de xogo da democracia
SE OS CARTEIS COS QUE O BNG ANTICIPOU A PEGADA NON SON PUBLICIDADE ELECTORAL, NON PODERÍAN ESTAR COLOCADOS NOS TABOLEIROS QUE OS CONCELLOS DISPOÑEN PARA SITUAR ESTE TIPO DE PROPAGANDA

* No PP atribúen as presas do BNG á desesperación dos nacionalistas tras o serio correctivo electoral recibido nos pasados comicios autonómicos.

* Os populares lembran que a lexislación electoral establece unha serie de garantías para os cidadáns, que deben ser respectadas, e critica que o BNG empregue descualificacións persoais na súa campaña para defenderse das irregularidades cometidas.

Cervo, 23 de maio de 2009.- Ante as informacións difundidas no día de hoxe polo Bloque Nacionalista Galego coas que pretende disimular o incumprimento que esta formación política está a efectuar da lexislación electoral, despois de que moitos dos seus afiliados, simpatizantes, apoderados e interventores desenvolveran unha pegada –segundo consta en denuncias de varios concellos- de propaganda electoral antes do inicio legalmente previsto da campaña é preciso subliñar o seguinte:

Primeiro.- Non é crible o argumento empregado polos nacionalistas para xustificar o incumprimento da lexislación electoral, máis en concreto, no relativo a que os carteis do BNG pegados non son publicidade electoral xa que non piden directamente o voto. Resulta francamente triste que o BNG desesperado polo fracaso electoral dos pasados comicios se vexa na obriga de empregar subterfuxios legais, e cuestionables interpretacións das normas, para lograr certo protagonismo ou vantaxe nos espazos electorais. Este acto non só supón unha falta de respecto ao electorado, senón tamén un desprezo ás regras de xogo democráticas, que non entenden de interpretacións partidistas.

Segundo.- Como xa dixemos, a cuestión é moi sinxela: Se os carteis son publicidade electoral do BNG, non poden pegarse nos lugares destinados á mesma porque tan só era posible facelo a partir das doce da noite, madrugada entre o xoves e o venres pasado. E se non son publicidade electoral, como eles afirman, deberán colocarse en lugares privados destinados á publicidade habitual e non nos tabolerios municipais que os concellos dispoñen para uso exclusivo da propaganda electoral.

Terceiro.- No Partido Popular non vamos a entrar a efectuar afirmacións ou descualificacións de índole persoal sobre ningún membro do BNG. Tan só reclamamos o máximo respecto de todas as forzas políticas ás regras de xogo da democracia, básicas para o desenvolvemento de calquera proceso electoral. As campañas electorais se basean na confrontación de propostas e programas, e non en quen ten o insulto ou a descualificación máis inxeniosa.

Exit mobile version