Site icon Crónica3.com A Mariña

Segundo o PP Burela perdeu máis de cen mil euros para obras na Casilla e a Marosa

NOTA DE PRENSA
O GMPP de Burela afirma que o alcalde e a Deputación perderon mais de cen mil euros para a obra de saneamento da Casilla á Marosa.

González Barcia asegura que a documentación acredita que o alcalde minteu.

O portavoz popular di que a obra tiña que estar rematada en Novembro de 2008.

O GMPP de Burela afirmou hoxe a través dunha nota de prensa que o alcalde e o presidente da Deputación perderon algo mais de cen mil euros para a obra de saneamento desde A Casilla hasta A Marosa. A obra pertence ó Programa Operativo Local de 2006, e foi adxudicada póla propia Deputación. O presuposto de licitación era de 130.000’00€ en números redondos.

O portavoz popular no concello de Burela e portavoz adxunto dos populares na Deputación asegurou hoxe que á vista da documentación que el consultou o alcalde de Burela minteu con respecto a esta obra cada vez que abreu a boca sobre a mesma.

Esta obra, consistente na acometida de saneamento desde A Casilla á estrada da Deputacion, cruce de A Marosa, póla marxe dereita, incluindo a construcción dun punto de bombeo, fora proposta polo goberno municipal do PP en 2006, e a súa licitación correu a cargo da Deputación.

Segundo González Barcia, que consultou a documentación na Deputación pero ainda está á espera de que lle faciliten copia da solicitada, a cronoloxía é a seguinte:

– A Deputación adxudica a obra en 2006; a obra comenza nos primeiros meses de 2007.

– O sete de Outubro de 2007, a dirección de obra fai constancia nun informe da aparición de roca que non estaba prevista no proxecto. A dirección de obra indica que tal circunstancia é comunicada á Deputación e tamén é comunicada ó concello.

– Sobre o prazo limite de execución da obra, o presidente da Deputación asina un escrito o dia vintesete de Novembro de dous mil sete, con número de rexistro xeral 14.949, no que se fai constar que o prazo limite de remate da obra remata o un de Novembro de dous mil oito.

– Un dos documentos máis importantes tén data de doce de Febreiro de dous mil oito, e está asinado pola Direccion de Obra. No mesmo, faise constar o seguinte: “Obra 526/POL 2006 Burela (código administrativo da obra de saneamento desde A Casilla á Marosa). El proyecto no contempla la existencia de excavaciones en roca, lo que en su día se notificó al ayuntamiento, y seguimos a la espera de las gestiones que éste está haciendo de cara a la obtención de los fondos necesarios, de forma que podamos solventar esta situación en los términos que en su dia se pusieron en conocimiento de la Diputación”. Para González Barcia, este documento é bastante ilustrativo porque significa que alomenos desde Outubro de 2007 o concello coñecía o problema, e tamén a Deputacion, e que catro meses despois non tiñan plantexado, nin o concello nin a Deputación, ningunha solución, e eso sabendo que a obra tiña que estar rematada a principios de Novembro de 2008.

– A constructora presenta unha certificación de obra, cun importe de 22.926’69€, que inclúe tubería de PVC para saneamento, construcción de pozos de rexistro, e outras cuestións menores. Esta certificación de obra é a única que presenta a empresa, e é aceptada e correspondentemente asinada pola Deputación, que é a entidade contratante.

– Pero o peor de todo é que con data vintenove de Outubro de 2008, o alcalde de Burela asina a recepción da obra, pero ¡¡solo do que se corresponde coa certificación de obra presentada pola empresa!!, o que demostra que no prazo dun ano foi incapaz de solucionar, nin coa Deputacion nin sen ela, o problema de roca que aparece na obra e non aparece no proxecto.

A conclusión de todo esto, segundo González Barcia, é que o alcalde minteu, porque a preguntas do PP en dous plenos contestou que o asunto xá o coñecía a Diputación e se ia arranxar. En definitiva, o alcalde non fixo nada, como é costume nel, e tampouco fixo nada o presidente da Deputación, dúas persoas que teñen unha característica en común, a súa pouca dedicación ó traballo.

González Barcia considera que así queda demostrado quen traballa por Burela, e quen non pega golpe. Barcia asegura que quen non pega golpe é o alcalde, pero quen avisou sobre o que podía pasar con esta obra foi o PP. Tanto é así, afirma González Barcia, que o alcalde, para tapar as súas vergoñas políticas, inclúe parte da obra que tiña que estar feita no Plan de Obras e Servicios da Deputación para 2009, pero cun agravante, que lle vai custar ó concello dez mil euros cando antes lle saía gratis.

Barcia afirma que a perda de mais de cen mil euros é exemplo do pouco interese que tén a Deputación de Besteiro en Burela. Barcia lémbralle ó alcalde que quen tén que esixirlle á Deputación e o propio alcalde, e non o portavoz da oposición. Por certo, en dous anos, con concello e Deputacion gobernados polo PP, desde mediados de 2005 a mediados de 2007, Barcia asegura que a Deputación investiu aproximadamente cen millóns de pesetas solo de fondos propios: ponte nova da Marosa, renovación da estrada Burela-San Cibrao, pistas de tenis, reposición da cuberta da tribuna, sen contar o adecentamento da Casa da Cultura (Sala de Arte e Salón de Actos) e outras obras. Nin o alcalde nin Besteiro poden decir o mesmo.

Exit mobile version