Site icon Crónica3.com A Mariña

Solicita o PP de Mondoñedo a rápida resolución da licencia de obras do proxecto de reforma do asilo

Nota de Prensa

Elena Candia, portavoz do Partido Popular de Mondoñedo SOLICITA ó equipo de goberno a rápida resolución do expediente de LICENCIA DE OBRAS DO PROXECTO DE REFORMA DO ASILO DE MONDOÑEDO,

Considerando que o Proxecto de obra de reforma desta institución, é sen dúbida, unha OBRA de absoluta prioridade e importancia para a nosa cidade, para os nosos maiores e para a nosa poboación en xeral, dado os postos de traballo directos e indirectos que crea no noso pobo, así coma a importante labor asistencial que desenrola INSTAMOS ó Sr, Alcalde e ó equipo de goberno que den axilidade a resolución do expediente.

O grupo popular fixo seguimento directo, sen interferir e tendo diversas dificultades para acceder á información, asímesmo afirma que instou no pasado pleno ás distintas forzas políticas a manter unha reunión sobre o tema ou incluso celebrar unha sesión pública para que os mindonienses coñeceran a postura de cada grupo político, lonxe da intentar POLITIZAR este asunto, pero considerando que os veciños/veciñas de Mondoñedo, teñen dereito a saber a realidade de cada asunto que se debate no Concello, máxime cando se estaba poñendo en perigo unha obra de tal dimensión.
Dada a sua importancia, ven o momento de instar a unha actuación inmediata e sen DILACIÓNS INDEBIDAS.

a axilidade na resolución, é vital para non por en perigo esta inversión en Mondoñedo.

Exit mobile version