Site icon Crónica3.com A Mariña

“Unha honra para Burela” organizar o premio de novela longa Blanco Amor, asegurou a Neves Cando

BURELA (FNC) .- Sábado 30 de maio ás 12:30 da mañá terá lugar no salón de plenos do Concello de Burela o acto de entrega do 27 Premio de novela longa Blanco Amor que este ano recaeu na obra Monte Louro de Luis Rey Núñez.
A edil de Cultura, Neves Cando, lembrou que “este premio patrocinado por 76 concellos galegos naceu en 1981 por iniciativa do Concello de Redondela para contribuir ao desenvolvemento da novela galega. A esta 27 edición presentáronse 25 traballos e despois das deliberacións do xurado celebradas o pasado 4 de abril acordóuse otorgarlo por unanimidade á devandita obra de Luis Rey Núñez”.
A concelleira nacionalista asegurou que “para o Concello de Burela foi unha honra e un pracer organizar esta edición e culminar mañá con esta entrega a andaina literaria que iniciamos hai uns meses. No acto de mañá ademáis do autor gañador, estarán os membros do xurado, alcaldes dos Concellos patrocinadores e representantes da Deputación de Lugo”.
Neves Cando anunciou que “teremos o privilexio ademáis de poder ter nas nosas mans a novela gañadora grazas ao bó e rápido traballo da Editorial Xerais que apostou por ter a obra xa impresa neste acto de mañá. Nesta cita tamén procederemos ao sorteo para coñecer que Concello galego será o elexido para organizar a vindeira edición deste premio de novela longa Blanco Amor”.

Exit mobile version